Os Premios Youtubeiras, concurso organizado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, A Baña, Carballo, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, así como polos das universidades de Santiago de Compostela, Vigo e da Coruña, e o da Deputación da Coruña, deron a coñecer os finalistas para ás súas oito categorías da presente edición. Os galardóns entregaranse o vindeiro sábado, 28 de xaneiro no Pazo da Cultura de Carballo, que acollerá a gala Youtubeiras, presentada pola actriz e narradora oral Cristina Collazo e coa música de Laura Lamontagne & PicoAmperio.
A nosa canle a Lobeira today consta como nominada ao Premio REDE, dotado con 1000 €, porque cren que ten a capacidade de crear e fortalecer a rede virtual, isto é, crear comunidade a través do Youtube e doutras redes sociais vinculadas, ou a rede real, é dicir, crear vídeos de xeito colectivo e/ou promovidos polo tecido asociacionista.
Xunto á Lobeira today, tamén foron nominadas as canles Exército Mekemeke e Proxecto R.E.D.E.S. ás que lles desexamos a mellor das sortes. Gañe quen gañe, gañamos as 22 propostas nominadas e todas as canles e proxectos que decidimos nos presentar nesta edición ao certame.
Vémonos en Carballo.
NOTAS DE PRENSA PUBLICADAS EN:
https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/finalistas-premios-youtubeiras/20221221125858158740.html